A Asociación de veciños do Calvario realizou o ano pasado unha campaña destinada aos maiores do noso barrio denominada “Programa para un envellecemento activo” que consistiu nunha serie de conferencias e coloquios que se impartiron ao longo do ano por distintos profesionais, tratando diversos temas de interés para os nosos maiores (prestacións e servicios públicos, saúde e coidados, hábitos….)
Estas charlas tiveron un grande éxito de público, revelando o interés e a necesidade que hai na cidadanía por este tipo de información.
Froito dese ciclo de conferencias e coloquios xurdiu a campaña para o ano 2020 dentro do “Programa para un envellecemento activo”: o Calvario en compañía.
Esta campaña comezou no mes de novembro do ano 2019 cun pequeno ciclo de conferencias específicas sobre a soidade nos maiores, impartido por o Dr. Andrés Vazquez, xerontólogo clínico, e estaba composto por catro fases.
- A primeira fase tiña que comezar mediados deste mes de marzo, e consistía nunha “Festa dos Maiores” na peonil do Calvario, festa que tiña como obxectivo dar a coñecer a campaña entre os veciños do barrio.
- A segunda fase consistía na edición de carteis e trípticos informativos que se repartirían polo barrio coa intención de sensibilizar e crear unha rede de detección da soedade non desexada.
- A terceira fase consistía en xerar puntos de encontro e socialización en colaboración con hosteleiros do barrio para aquelas persoas que quixesen, poderan reunirse e facer amizades. A asociación, dentro desta fase, tiña programados máis de 20 cursos específicos para persoas maiores: alfabetización, estimulación cognitiva, animación e estimulación, risoterapia…
- A cuarta fase consistía, froito da campaña de sensibilización, en detectar a toda aquelas persoas que estivesen soas e con dificultades de mobilidade para poñernos en contacto con elas, a través dunha rede de voluntarios e en cooperación coas distintas administración, para subsanar, na medida das posibilidades, as necesidades desa persoa: acompañamento, recados, etc.
Debido á situación provocada pola crise do COVID-19, as primeira fase desta campaña foi paralizada por razóns obvias, pero dende a Asociación de veciños do Calvario consideramos que a cuarta fase do proxecto (detección e acompañamento ás persoas en soidade non desexada) é hoxe máis importante que nunca.
En ese sentido, a Asociación de veciños do Calvario vaise por en contacto telefónico cos case 800 socios, entre eles moitos maiores, para coñecer a súa situación e detectar posibles necesidades.
Neste senso, e seguindo as reflexións técnicas do programa, tratarase de facerlle chegar as persoas maiores illadas no fogar os seguintes aspectos:
1.- Animarlle a manter rutinas de coidado persoal.
2.- Asegurar a sua adecuada alimentación así como a posibilidade de adquisición de productos de primeira necesidade.
3.- Escoitar as suas dúbidas e poder respostarlle as inquietudes actuais.
4.- Tratar de conectalos con amistades coas que viña facendo actividades anteriormente.
5.- Tratar de enviarlle a través de WhastshApps, notas de voz ou imaxenes de coñecidos.
6.- En definitiva, facer que sepan que ainda que aillados/as nas casas, polo seu ben, fora hay unha xente que sigue ao seu carón, e esa e a xente do seu barrio. A xente do Calvario.