Banda á Feira nace coa intención de sacar o mundo do cómic ás rúas, máis concretamente ás prazas e espazos do barrio do Calvario.
Banda á Feira une a paixón polas viñetas coa idea de seguir mantendo vivos os nosos barrios, enchéndoos de actividades, arte e cultura.
Ata o momento realizáronse 2 edicións de Banda á Feira, en 2022 e en 2023. Cada unha delas foi celebrada por 5000 persoas que gozaron das actividades programadas; firmas, charlas cos autores invitados, exposicións, talleres de cómic para os máis pequenos etc.
Uno dos grandes focos de atracción do festival son os autores de cómic convidados ao evento. Por Banda á Feira pasaron ata 10 invitados nas dúas edicións.
Entre eles varios creadores recoñecidos co Premio Nacional de Cómic (o galardón máis importante que se pode recibir no cómic español outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte).