986 27 11 87 info@avcalvario.org

Quen somos?

Andando o ano 1974, cando un grupo de veciños e veciñas do barrio do Calvario, Vigo, comparten a necesidade de crear unha Asociación de Veciños que fose capaz de reivindicar ante as autoridades competentes as necesidades e inquedanzas de toda a veciñanza, co obxectivo de mellorar e canalizar todas as carencias deste barrio. Por este motivo se reúnen, co obxectivo da sua fundación, o día 28 de xaneiro de 1975, para por en marcha a devandita Asociación. Unha vez constituida, apróbanse os estatutos con data 16 de setembro de 1976, e rexístranse no rexistro municipal de asociacións, o 26 de maio de 1987.

 

Entre as reinvidicacións desta Asociación cabe salientar:

Peatonalización da rúa Urzaiz entre Gregorio Espino e rúa Ramon Nieto, así como a humanización das rúas adxacentes.

Rehabilitacion Edificio Bandeira.

Estación de Autobuses e accesos.

Escola de Idiomas.

Pabillón Santa Cristina.

Piscina Casa De Labradores

Socios fundadores

Jose Luis Vázquez Alfaro

Xulio Calviño Rodriguez

Robustiano Novoa Lorenzo

Jose Luis González Filgueira

Gelasio Fernández García

Antonia Rodríguez Ramos

Miguel Ángel de las Landeras Barrios

Roberto Vázquez Alfaro

Misión da Asociación

  • Defender os intereses xerais dos veciños, en calidade de usuarios e destinatarios finais de actividades urbanísticas, culturais, deportivas, educativas, sanitarias, vivenda social, económicas, de consumo etc… e fomentar as actividades máis doadas.
  • Informar e apoiar os veciños en canto a cuestión afecte ó seu interese social.
  • Asumir a representación e agrupar a todos os  veciños adoptando as resolucións que pola súa importancia afecten aos intereses dos mesmos, de forma individual ou colectiva ó aos intereses do barrio e por extension da cidade
  • Canalizar as inquedanzas dos asociados.
  • Fomentar a participación como instrumento de defensa dos intereses dos veciños.
  • Velar e exixir o cumprimento por parte da administración dos dereitos recoñecidos ás Asociacións como entidades de interese xeral e de participación, nas leis do estado, regulamentos e a lei municipal e de réxime local.

Organigrama

Raúl Fontán Villanueva

Presidente

Roberto Rey

Vicepresidente

Ángel Bastos

Tesoureiro

Vocalías

Muller

Urbanismo

Fomento e mobilidade

Sanidade e asuntos sociais

Cultura

Ensinanza

Xuventude e deportes