986 27 11 87 info@avcalvario.org

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e co obxetivo de fomentar o uso do galego, a Asociación de Veciños do Calvario organiza este certamen de poesía que terá lugar o 19 de maio ás 18:00 horas no Salón de Actos do IES Castelao.

BASES DE PARTICIPACIÓN:
1. O certame vai dirixido a todo o público en xeral.
2. As poesías presentadas deberán ser: orixinais, inéditas e escritas integramente en galego. Presentaranse obrigatoriamente mecanografadas.
3. A temática será libre. Cada poesía deberá ter unha extensión máxima de dúas follas, escritas por unha soa cara a dobre espacio. Só poderá estar formada como máximo por 50 versos.
4. As poesías presentaranse, baixo pseudónimo, nun sobre pechado. Dentro do sobre figurarán ademáis da poesía, outro sobre pechado cos datos persoais do participante, o número de teléfono e unha fotocopia do D.N.I. Entregaranse no local a Asociación ( Avda. E. Martinez Garrido,12) ou ben a través do correo postal, Apdo. 3023 de Vigo
5. Soamente se poderá presentar unha poesía por persoa.
6. O prazo de entrega dos poemas rematará o XOVES 10 DE MAIO DO 2018.
7. Haberá TRES PREMIOS e estarán dotados dunha contía económica e do correspondente diploma: Primeiro premio 350€, segundo premio 250€ e terceiro premio 150€.
8. A AVV do Calvario porase en contacto cos premiados para facerlle a entrega dos premios nun acto que terá lugar o día 19 de maio do 2018, segundo está reflectido no parágrafo primeiro deste escrito.
9. Os premiados deberán asistir e recoller os premios persoalmente, ou ben designar a alguén, debidamente acreditado, que os recolla no seu nome.
10. O xurado estará composto por un representrante do” IES Castelao”, un representante da “ Escola Oficial de Idiomas”, Ex-director da Academia Esgarr Victor coma representante do ensino privado , dous representantes da AV V do Calvario.
11. Os premios poderán declararse desertos de non haber un mínimo de 12 participantes, ou se o xurado así o ditaminase.
12. Os poemas orixinais non premiados non serán devoltos aos seus autores. 13.A AVV do Calvario resérvase o dereito de publicación das obras recibidas.
O acto de entrega do CERTAME DE POESÍA será amenizado por CORAIS POLIFÓNICAS E GRUPOS DE CANTO E BAILE. Tamén se recitarán TEXTOS REPRESENTATIVOS DA NOSA POESÍA por parte de poetas e poetisas da cidade. A celebración deste evento cultural ten por finalidade a promoción, conservación e difusión da nosa lingua, especialmente entre os máis pequenos.