986 27 11 87 info@avcalvario.org
A Asociación de Veciños do Calvario convoca o 1º concurso fotográfico baixo o lema “O Calvario en imaxes”, cuxo obxectivo principal é o de resaltar calquera ámbito do noso barrio, así como fomentar a afección á fotografía.
BASES REGULADORAS DO CONCURSO
1. PARTICIPACIÓN: Poderán concursar todas aquelas persoas maiores de idade, sexan fotógrafos/as profesionais ou afeccionados/as, salvo aquelas que formen parte do xurado.
2. TEMA: O tema escollido é o barrio do Calvario, os seus lugares e espazos, edificios e infraestruturas así como todos aqueles aspectos que reflictan a vida do barrio. O ámbito para realizar ás fotografías abarca as Avenidas de Emilio Martínez Garrido e Gregorio Espino, Urzáiz (dende o cruze dos Choróns ata o inicio da Avenida Ramón Nieto), inicio da Rúa Travesía de Vigo (ata a Rúa Numancia), Genaro de la Fuente e inicio da Rúa Aragón
3. CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS: Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías, que deberán ser orixinais e inéditas, en formato papel e en color ou branco e negro, que podrá ser brillante ou mate. Terán un tamaño de 20 x 25 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo, en vertical ou horizontal, sen marxes e se presentarán debidamente protexidas nun passepartout ou outro soporte ríxido. Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPG ou TIFF, cunha resolución mínima de 1920 x 2824 px. Non se admitirán fotomontaxes, pero sí se permitirán correccións de axustes tonais, incluídos color e luminosidade. Ao dorso da fotografía, na marxe superior esquerda, faranse constar o título da obra, o pseudónimo en letras maiúsculas lexibles (preferentemente utilizarase unha etiqueta cos datos impresos en fonte Arial 14 e con estilo negrita), indicando o lugar onde se tomou e a data, así como os motivos e a reseña. Se o/a autor/a da fotografía o considera conveniente, pode indicar: “sen título”.
4. PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS: Dentro dun sobre pechado indicando “I Concurso fotográfico O Calvario en imaxes”, as persoas participantes achegarán as fotografías segundo o indicado no punto 3. Ademais das fotografías o sobre deberá conter un segundo sobre tamén pechado no que se indicará no seu exterior o pseudónimo e que conterá a solicitude de participación e a declaración xurada, debidamente cubertas e asinadas, así como o soporte informático ou os negativos correspondentes ás obras presentadas. As fotografías faránse chegar á sede social da AVV do Calvario, na Avda. de Emilio Martínez Garrido, 12, CP 36205 – Vigo.
5. PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación comeza o día seguinte á publicación destas Bases e a data límite de recepción das obras será o día 3 de xuño de 2018.
6. XURADO: A presidencia do xurado corresponderá ao presidente da AVV do Calvario. A composición do xurado, que non se fará pública ata o día da resolución, contará coa presenza de persoas vinculadas ao eido da fotografía e da imaxe, así como a outras entidades e asociacións do barrio. Ao xurado correspóndelle deliberar, estimar e valorar os traballos presentados. A súa decisión será inapelable e adoptarase por maioría simple de entre os seus membros. Poderá declararse deserto algún premio ou todos eles. O xurado do certame terá a competencia de resolver calquera circunstancia non prevista nas presentes bases con absoluta autoridade.
7. FALLO: O fallo emitirase na cuarta semana do mes de xuño de 2018 e o premio entregarase o día 22 de xuño no marco da inauguración dunha exposición que contará coas fotografías gañadoras e unha selección das restantes fotografías participantes. Ao finalizar a exposición tanto as fotografías expostas como aquelas non seleccionadas poderán ser retiradas polos seus autores/as, persoalmente ou mediante autorización a outra persoa debidamente acreditada no prazo de tres meses dende a publicación do fallo.
8. PREMIOS: Establécense os seguintes premios: un primeiro premio de 150 euros, un segundo premio de 100 euros e un terceiro de 75 euros.
PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), as persoas participantes prestan o seu consentimento, de acordo coas bases deste concurso, para o tratamento dos seus datos persoais, que serán incorporados nun ficheiro titularidade da Asociación de Veciños do Calvario, e que serán utilizados unicamente coa finalidade de xestionar a súa participación no presente concurso, e para poder contactar cos mesmos co fin de transmitirlles o fallo do xurado. Infórmase e garantízase ás persoas participantes que os seus datos personais non serán cedidos en ningún caso a terceras persoas con outros fins diferentes a esta promoción. As persoas participantes outorgan o seu consentimento a estes efectos. Así mesmo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a AVV do Calvario, de acordo co previsto no Título III do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD. As persoas gañadoras do concurso prestan o seu consentimento á Asociación de Veciños do Calvario para a comunicación dos seus nomes e apelidos a terceiros ou a súa publicación telemática ou en papel, para os efectos de maior difusión.
DEREITO SOBRE AS FOTOGRAFÍAS
Os autores e autoras das fotografías gañadoras e das seleccionadas para a exposición prestan a súa autorización expresa para a utilización das imaxes para su reproducción e divulgación en calquera soporte á AVV do Calvario, que poderá utilizalas, sen ánimo de lucro, para a promoción do Barrio do Calvario e das actividades da propia Asociación.
OBSERVACIÓNS
A mera participación neste concurso implica a total aceptación das súas Bases Reguladoras, reservándose a AVV do Calvario a facultade de resolver calquera aspecto non previsto na redacción das mesmas. A Asociación de Veciños do Calvario exímese de calquera responsabilidade que puidera derivarse da infracción das presentes bases. A persoa participante manifesta e garante que é a única autora das fotografías que presenta ao concurso. Así mesmo, será responsabilidade dela recabar a autorización das persoas que puideran aparecer en cada fotografía, de conformidade coa Lei orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e á propia imaxe. Serán excluídas automáticamente deste concurso aquelas fotografías nas que aparezan menores de idade recoñecibles. Ademais, o/a autor/a será a única persoa responsable legal ante calquera controversia que puidera surxir por incumprimento da Lei respecto dos dereitos de autor polo uso de imaxes preexistentes. Toda obra que non cumpla os requisitos establecidos nestas bases quedará automaticamente fóra de concurso.