Na conferencia trátanse os seguintes temas:
– Estado de deterioro dos ríos que están preto da cidade. Entre eles o río Pugariño, que nace ó carón de VigoZoo. Proxectaranse impresionantes fotografías dos acueductos dos muiños, dos bosques de ribeira e das fermosas vistas á ría. Tamén amosaremos fotografías e videos da inxente cantidade de residuos acumulados nesas zonas tan especiais.
– Estado de deterioro dos muiños, amosando datos sobre a destrucción dalgún deles, pese a catalogación dalgúns deles.
– Deficiente inventariado dos muiños nos distintos arquivos sobre patrimonio.
– Distintas tipoloxías de muiños existentes na zona e por qué algúns deles teñen unha relevancia especial.
– Funcionamento dos muiños, coa mostra de esquemas e vídeos.
– Denominación das partes dos muiños e do léxico relacionado con eles. Toponimia e símboloxía.
– Concienzación sobre a determinante importancia que tiveron os muiños para a subsistencia dos nosos antepasados e da gran influenza que tiveron para a formación das costumes, folclore e cultura do pobo galego.
– Información sobre a deficiente protección legal dos muiños, que non ten en conta a importancia dos mesmos para a formación da nosa cultura.
– Datos sobre a inexistencia dunha estratexia para a conservación do noso patrimonio etnográfico.
– Distintos exemplos de boas recuperacións de muiños e das festas populares relacionadas con eles, que acadaron recuperar as asociacións en colaboración cos veciños.
– Propostas de distintas accións para acadar, entre todos, a recuperación do noso patrimonio etnográfico e natural.
